Reflexión sobre o meu
PLE
Un PLE (contorno persoal de aprendizaxe) é o conxunto de recursos, ferramentas e persoas coas que aprendemos, intercambiamos e compartimos información e experiencia.
Na última sesión deseñamos a man o noso PLE reflexado na seguinte imaxe.
Pocket é a ferramenta que elexín e valorei para incorporar o meu PLE. Ésta permite gardar todo o que vemos por internet e nos resulta interesante pero que no momento concreto non podemos adicarlle o tempo necesario, como son artigos de blog, noticias online, vídeos, etc. para a súa posterior lectura ou visualización dende o PC, Tablet ou Smartphone.
Esta ferramenta resulta de gran utilidade tanto a nivel persoal como profesional o permitirnos gardar información de interese para nós a vez que dende o apartado de “etiquetas” podemos organizar e clasificar os nosos contidos en función da temática creada por nós.
Para coñecer máis esta ferramenta...
¿Qué es y cómo funciona Pokect?



No hay comentarios:
Publicar un comentario