Os itinerarios personalizados de inserción (IPI)
Como tarefa presentamos o segundo resumo neste blogue, escollendo a temática da sesión do día 14 de novembro adicada aos “Itinerarios Personalizados de Inserción”, impartida por Mayte Deus.
Nesta sesión coñecemos os Itinerarios Personalizados de Inserción, as súas características e as fases nas que se estructuran.
Nun primeiro momento, o concepto de itinerario aparece ligado á inserción sociolaboral dos colectivos con maiores dificultades, sen embargo o concepto vai mudando de utilidade referíndose á poboación desempregada en xeral.
O itinerario de inserción defínese como un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios e usuarias que participan no mesmo, especialmente a través da inf.ormación e o asesoramento individual e grupal
A característica fundamental dun itinerario de inserción é a súa flexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e capacidade de adaptación a unha contorna en constante cambio.
O itinerario de inserción laboral é unha metodoloxía en si mesma que se leva a cabo para potenciar a inserción sociolaboral de persoas e/ou colectivos en situación de exclusión ou en risco de exclusión.
Os principios básicos desta metodoloxía son:
![]() |
| Elaboración propia |
- Atención individualizada e flexible: como unidade fundamental de actuación. A persoa orientadora debe realizar unha continua adaptación do servizo ofrecido ás características de cada usuario/a; este/a sempre ten que ser o centro de atención. Coa atención individualizada preténdese facilitar o desenvolvemento dos recursos e competencias da persoa orientada que lle permitan identificar opcións, elixir entre as mesmas, tomar decisións e avaliar os resultados de xeito autónomo.
- Planificación: hai que establecer un camiño pautado e planificado para lograr o obxectivo final.
- Motivación: débense potenciar as crenzas, as expectativas e as actitudes da persoa cara o emprego.
- Información: hai que indagar sobre as fontes de información que o/a orientado/a emprega na busca de emprego e traballar con el/a neste eido.
- Habilidades: en conxunto, a persoa usuaria debe desenvolver as habilidades precisas para atopar un traballo.
Os itinirarios personalizados de inserción teñen unhas fases que temos que seguir, as resumimos no seguinte esquema:
![]() |
| Elaboración propia: esquema das fases |
Como xa vimos no esquema hai varias fases polo que podemos utilizar as seguintes ferramentas
que nos poden ser útiles:
FASE DE ACOLLIDA
Como ferramenta de reflexión útil para realizar a definición de obxectivos é a análise Dafo.
Se tes interese neste tema podes obter máis información nos seguintes enlaces:
E, como conclusión, un resumo dos chíos máis importantes en Twitter recompilados coa plataforma Wakelet e elaborado pola nosa compañeira Cristina Cabo.


