PRESÉNTOME:
Chámome Estefanía Pérez, son graduada en educación social e teño un máster en igualdade de xénero e educación, ambas titulacións pola Universidade de Santiago de Compostela (USC); así como o curso de monitora de tempo libre expedido por Campamentos Caracuel.
A miña traxectora profesional céntrase no concello de Caldas de Reis onde traballei durante tres anos como educadora social sendo coordinadora do proxecto de interveción educativa e integración social, dentro do programa de educación familiar; docente de talleres de memoria e de novas tecnoloxías para as persoas usuarias do Fogar do Maior; e impartindo obradoiros de igualdade e prevención da violencia de xénero en educación primaria e secundaria nos centros educativos da contorna.
Logo diso fun monitora de ludotecas de verán e tiven a oportunidade de colaborar como voluntaria en Galicia Acolle, COGAMI, Down Compostela e ASPANAES.
Preséntovos o meu avatar realizado con motivo do Posgrado de Orientación Laboral do CIGUX que actualmente estou a cursar:
![]() |
| Así son eu co moreno de xullo e as lentes de estudar. |

No hay comentarios:
Publicar un comentario