sábado, 28 de noviembre de 2020

Resumo de Seminario web presencial: MÓDULO 3, TEMA 12.

Os itinerarios personalizados de inserción (IPI)

Como tarefa presentamos o segundo resumo neste blogue, escollendo a temática da sesión do día 14 de novembro adicada aos Itinerarios Personalizados de Inserción, impartida por Mayte Deus

Nesta sesión coñecemos os Itinerarios Personalizados de Inserción, as súas características e as fases nas que se estructuran.

Nun primeiro momento, o concepto de itinerario aparece ligado á inserción sociolaboral dos colectivos con maiores dificultades, sen embargo o concepto vai mudando de utilidade referíndose á poboación desempregada en xeral.


O itinerario de inserción defínese como un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios e usuarias que participan no mesmo, especialmente a través da inf.ormación e o asesoramento individual e grupal


A característica fundamental dun itinerario de inserción é a súa flexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e capacidade de adaptación a unha contorna en constante cambio.


O itinerario de inserción laboral é unha metodoloxía en si mesma que se leva a cabo para potenciar a inserción sociolaboral de persoas e/ou colectivos en situación de exclusión ou en risco de exclusión.

Os principios básicos desta metodoloxía son:

Esquema de la metodología
Elaboración propia

  • Atención individualizada e flexible: como unidade fundamental de actuación. A persoa orientadora debe realizar unha continua adaptación do servizo ofrecido ás características de cada usuario/a; este/a sempre ten que ser o centro de atención. Coa atención individualizada preténdese facilitar o desenvolvemento dos recursos e competencias da persoa orientada que lle permitan identificar opcións, elixir entre as mesmas, tomar decisións e avaliar os resultados de xeito autónomo.

  • Planificación: hai que establecer un camiño pautado e planificado para lograr o obxectivo final.

  • Motivación: débense potenciar as crenzas, as expectativas e as actitudes da persoa cara o emprego.

  • Información: hai que indagar sobre as fontes de información que o/a orientado/a emprega na busca de emprego e traballar con el/a neste eido. 

  • Habilidades: en conxunto, a persoa usuaria debe desenvolver as habilidades precisas para atopar un traballo.



Os itinirarios personalizados de inserción teñen unhas fases que temos que seguir, as resumimos no seguinte esquema: 


Esquema de las fases
Elaboración propia: esquema das fases



Como xa vimos no esquema hai varias fases polo que  podemos utilizar as seguintes ferramentas

 que nos poden ser útiles:

 

                            FASE DE ACOLLIDA 

 

 
FASE DIAGNÓSTICO
 
 
 Ferramentas da fase de diagnóstico 
 
 
Como ferramenta de reflexión útil para realizar a definición de obxectivos é a análise Dafo.



Se tes interese neste tema podes obter máis información nos seguintes enlaces: 
 
        📌¿QUÉ É O IPI? 
 
 

E, como conclusión, un resumo dos chíos máis importantes en Twitter recompilados coa plataforma Wakelet e elaborado pola nosa compañeira Cristina Cabo. 


 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Resumo de Seminario web presencial: MÓDULO 3, TEMA 12.

Os itinerarios personalizados de inserción (IPI) Como tarefa presentamos o segundo resumo neste blogue, escollendo a temática da sesión do d...