O PLE
O PLE pódese definir como unha actitude proactiva para poder mellorar como profesional de forma aberta e colaborativa.
Non hai unha ferramenta que se poda descargar para poder facer o teu PLE, senon que ti elixes as ferramentas coas que diseñar o teu propio PLE.
De feito, dunha maneira moi de andar por casa déixovos a miña foto persoal do que é o meu PLE.
Para poder mellorar e entender a explicación anterior, indícovos que unha das ferramentas que podemos utilizar é o FEEDLY.
FEEDLY é unha ferramenta que se utiliza para estar o día nos contidos dunha páxina ou blog.Por tanto, é un agregador de noticias que serve para poder saber o que publican nun blog que no interesa tanto dos artigos como das notificas de determinados organismos.
Eu persoalmente, utilicei a ferramente Feddly e creei a miña conta, polo que vos podo contar que teño a información de interese na rama laboral en tempo real, logo, toda aquela información que quero seguir lendo e quero deixala para ler e vinculala con outra información de interese téñoa vinculada con Pocket.
Deixovos por se vos interesa unha explicación do Feedly
Enton, calquera se pode preguntar ¿ PARA QUE CREAR UN PLE?
Pois para faciliar un entorno profesional máis enriquecido, para poder renovarnos activamente, estar en contacto con máis xente que nos motiva e nos da máis ideas e nos axuda a ter un mellor PERFIL PROFESIONAL .

