martes, 22 de septiembre de 2020

Perfil Profesional. Yago Lage Caramelo.

Benvidos e benvidas. Son Yago Lage Caramelo 👋👋




Estudei Traballo Social e un mestrado de Recursos Humanos. Comecei a miña andadura profesional no eido da diversidade funcional. Experencia moi grata que me fixo comprobar de primeira man as necesidades no ámbito laboral de certos colectivos, ás veces esquecidos. Dende entón sigo o meu camiño neste ámbito do terceiro sector. 

Son unha persoa dinámica e proactiva, adoito traballar en equipo e coido que é esencial para lograr mellores resultados. Gústanme os retos e marcar diferentes obxectivos, poño todo o meu empeño en conseguilos con esforzo e perseverancia. O meu obxectivo con este curso é perfeccionar as miñas competencias profesionais para facer o meu traballo un pouco mellor cada día. 

Unha das miñas afeccións é a música, xa que son trompetista. Deixovos esta obra que é das miñas preferidas 😊



Ademáis da música tamén me gusta a lectura. O último libro que merquei e que está pendente de rematar foi Camino de Servidumbre, de Friederich Hayek, así que xa vos contarei cando remate 😊


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Resumo de Seminario web presencial: MÓDULO 3, TEMA 12.

Os itinerarios personalizados de inserción (IPI) Como tarefa presentamos o segundo resumo neste blogue, escollendo a temática da sesión do d...