jueves, 24 de septiembre de 2020

Mi presentación profesional: Vanesa Quintáns

 Hola a todos y todas y ser bienvenidos/as a este rincón virtual donde intentaré presentarme.


Me llamo Vanesa Quintáns Albar y vivo en el Concello de Poio, limítrofe a Pontevedra. Tal vez conozcáis más Combarro, parroquia de Poio y bastante conocido a nivel turístico (os lo pongo de referencia para que lo ubiquéis mejor, lo de decir Combarro no suele fallar).  

Soy graduada en Educación Social y también Técnico Superior en Animación Sociocultural y esta es mi mini-yo: 

Mini-yo


Como en todas las buenas historias, las profesionales también, se debe empezar por el principio, asique así será;

Érase una vez... una andadura profesional que empezó hace ya bastante tiempo. Mi primera parada✋ fue a través del ocio y del tiempo libre, donde después de formarme como Monitora de tiempo libre empecé a trabajar en campamentos y empresas privadas por lo que, pasado un tiempo decidí formarme a través de la educación reglada (formal) y comencé el Ciclo superior en Animación Sociocultural✋✋. Las prácticas me impulsaron a seguir formándome y cursar el Grado de Educación Social✋✋✋.

Antes de acabar la carrera obtuve una beca de prácticas profesionales y una vez finalizado mi último curso obtuve otra bolsa de trabajo como Animadora Sociocultural.

Desde entonces he estado trabajando en el campo del tiempo libre, del ocio, de la dinamización y de la cultural para diferentes entidades privadas pero también en alguna administración local. 

Mi penúltima parada fue introducirme en el mundo de la docencia con el Certificado de Profesionalidad  de Docencia de la Formación profesional para el empleo.✋✋✋✋

Y finalmente, ahora estoy haciendo este curso de posgrado de orientación laboral. 


🙎Me gusta cocinar, el cine y la literatura infantil donde he hecho "mis pinitos" como cuentacuentos. Soy más de escuchar la radio pero también suelo escuchar algo de música, mejor si es en directo. Os dejo una de las canciones que más me gustaron del ultimo concierto al que fui (prepandemia, que hoy en día parece cuanto menos el paleolítico😓) 


 



Y para finalizar esta presentación, me gustaría compartir este perfil de Instagram que me pareció interesante y para las personas que como yo, se están iniciando en este campo  creo que puede resultar de interés. --> INSTAGRAM TIPS EMPLEO


Como toda historia tiene un final, esta termina (de momento) aquí.


Un saludo a todos y todas. 







miércoles, 23 de septiembre de 2020

PRESENTACIÓN INDIVIDUAL: ESTA SON EU

  Presentación Dorinda Costa Fernández



                                            PRESENTACIÓN PROFESIONAL


Preséntovos o meu avatar para que vos fagades unha idea e a continuación preséntome..

 



Estudiei a Diplomatura en Relacións Laborais que terminei no ano 2004, e comencei o meu andar profesional no mundo Laboral e dos Recuros Humanos. Logo, xa no ano 2012 fixen o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos que me seguiu abrindo portas no mundo laboral. Dende os meus inicios sempre estiven adicada ao Asesoramento Laboral na mediana e grande empresa pero agora entroume a curiosidade por emprender a Orientación Laboral que me parece un mundo novo por coñecer.


Xa neste mesmo momento e dende a primeira sesión do Posgrao me dei conta que acertara na elección, xa que dende esta mesma presentación empeza o novo camiño de cara a Orientación Laboral e como non de cara as TIC que era outra tarefa pendente por coñecer.

Para que me coñezades un pouco máis o meu hobbie é a  lectura e o último libro que acabo de leer " Mis Soles Esplendidos" de KHALED HOSSEINI por si a alguien le interesa leer os dejo un LINK.

Ademáis a miña canción preferida é  unha canción de Jarabe de Palo " ESO QUE TU ME DAS", o motivo polo que me gusta esta canción é pola enerxía, positivismo e loita ata o final que transmite Pau donés. Ademáis por si vos interesa ou se hay alguén máis que comparta esta música e visión invítovos a que vexades a pelicúla que vai ser emitida o 30 de septembro nos cines.

 


 

 Para rematar a presentación contade con unha nova compañeria neste camiño da Orientación Laboral, espero que este Posgrado me axude a ter máis formación e a coñer novos compañeiros de viaxe no mundo laboral.

Un Saudo

Presentación Profesional Individual

 Ola! meu nome é Susana Campos Gónzález e invítovos a coñecerme...


Estudie a Diplomatura en Traballo Social, a partires de ahí comencei unha formación complementaria con accións formativas na área social. No ano 2014 entroume a curiosidade da Docencia e ese verán curso o Certificado de Profesionalidade de Docencia de Formación para ó Emprego, unha experiencia gratificante que me fixo descubrir unha faceta de min que non coñecía.

En canto a miña traxectoria laboral, esta comenza coa elaboración e impartición de Talleres para Previr a Dependencia en persoas maiores, posteriormente, teño a oportunidade de levar a cabo o Programa Clara, drixido a incrementar a empregabilidade e participación social de mulleres en situación ou risco de exclusión social e laboral. Os últimos anos, traballo como Orientadora Laboral do programa IOBE en distintos concellos da provincia de Ourense.

Os meus pasatempos cotiás son o cine, realizar andainas con un grupo de amigos e escoitar música. Unha canción que me gusta  e me anima é So Am I de AVA Max.

 

    

 

Para rematar, comparto un Blog de emprego e recursos de Orientación Laboral, que na miña opinión é moi interesante e profesional. 


               Saúdos  😀


 

 




martes, 22 de septiembre de 2020

Perfil Profesional. Yago Lage Caramelo.

Benvidos e benvidas. Son Yago Lage Caramelo 👋👋




Estudei Traballo Social e un mestrado de Recursos Humanos. Comecei a miña andadura profesional no eido da diversidade funcional. Experencia moi grata que me fixo comprobar de primeira man as necesidades no ámbito laboral de certos colectivos, ás veces esquecidos. Dende entón sigo o meu camiño neste ámbito do terceiro sector. 

Son unha persoa dinámica e proactiva, adoito traballar en equipo e coido que é esencial para lograr mellores resultados. Gústanme os retos e marcar diferentes obxectivos, poño todo o meu empeño en conseguilos con esforzo e perseverancia. O meu obxectivo con este curso é perfeccionar as miñas competencias profesionais para facer o meu traballo un pouco mellor cada día. 

Unha das miñas afeccións é a música, xa que son trompetista. Deixovos esta obra que é das miñas preferidas 😊



Ademáis da música tamén me gusta a lectura. O último libro que merquei e que está pendente de rematar foi Camino de Servidumbre, de Friederich Hayek, así que xa vos contarei cando remate 😊


A miña presentación profesional: Estefanía Pérez Abalo

PRESÉNTOME:

Chámome Estefanía Pérez, son graduada en educación social e teño un máster en igualdade de xénero e educación, ambas titulacións pola Universidade de Santiago de Compostela (USC); así como o curso de monitora de tempo libre expedido por Campamentos Caracuel

A miña traxectora profesional céntrase no concello de Caldas de Reis onde traballei durante tres anos como educadora social sendo coordinadora do proxecto de interveción educativa e integración social, dentro do programa de educación familiar; docente de talleres de memoria e de novas tecnoloxías para as persoas usuarias do Fogar do Maior; e impartindo obradoiros de igualdade e prevención da violencia de xénero en educación primaria e secundaria nos centros educativos da contorna. 

Logo diso fun monitora de ludotecas de verán e tiven a oportunidade de colaborar como voluntaria en Galicia Acolle, COGAMI, Down Compostela e ASPANAES.

Preséntovos o meu avatar realizado con motivo do Posgrado de Orientación Laboral do CIGUX que actualmente estou a cursar:

Así son eu co moreno de xullo e as lentes de estudar.

Dentro das miñas principais afeccións atópase a lectura, o cine español e a música galega, e como mostra aquí vos deixo un vídeo dunha das mulleres que máis admiro cunha canción que xa considero un himno na miña vida. 


E, para rematar, aproveito a ferramenta recén creada de Twitter para recomendarvos o perfil dun dos meus lugares preferidos de Santiago de Compostela: a libraría Lila de Lilith.

Un saúdo e un pracer. 



Resumo de Seminario web presencial: MÓDULO 3, TEMA 12.

Os itinerarios personalizados de inserción (IPI) Como tarefa presentamos o segundo resumo neste blogue, escollendo a temática da sesión do d...