sábado, 10 de octubre de 2020

ACTIVIDADE GRUPAL: A ESTRUCTURA DA FP E OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE


Nube de palabras acerca de la formación para el empleo. (Actividad llevada a cabo en la sesión).
Fonte: Actividade colaborativa por parte do alumnado do POLAB20


Como tarefa presentamos o resumo neste blogue, escollemos a temática da sesión do día 26 de setembro adicada a A estrutura da FP e os certificados de profesionalidade, impartida por Elena González de la Cámara

Esta sesión estivo dividida en:
    - Estructura da Formación Profesional.
    - Cualificación e competencias.
    - Acreditación laboral por a vía da experiencia.
    - Competencias clave.

No referente á formación profesional temos que falar de dous sistemas: o sistema formación profesional regrada e inical e o sistema de formación para o emprego. Dentro do primeiro sistema podemos distinguir a formación básica, grao medio, grao superior, ensinanzas deportivas e ensinanza en artes plástica e deseño. Mentras que no segundo sistema podemos diferenciar entre a oferta formativa programada polas empresas e a oferta programada pola administración.

Fonte: Elaboración propia

Logo de coñecer como se estructura a formación profesional, pasamos a estudar as diferencias entre cualificacións e competencias, que a docente definiu do seguinte xeito: 

Cualificación: “ é o conxunto de competencias profesionais(coñecementos e capacidades) que permiten dar resposta a ocupacións e postos de traballo con valor no mercado laboral, e que poden adquirirse a través de formación ou por experiencia laboral.”

Competencias: “O conxunto de capacidades, habilidades(destrezas para a acción) e actitudes (condutas que guían a nosa acción) necesarias para dar resposta con éxito ás esixencias que os diferentes contextos da vida cotiá, entre eles o profesional, nos demandan.”

Para acadar unha cualificación profesional hai tres vías: os Títulos de F.P., os Certificados de Profesionalidade e o Recoñecemento da Competencia Profesional. 

Ademáis de mediante a formación pódense recoñecer as competencias a través da experiencia laboral e outras vías non formais. O procedemento é unico para o ámbito educativo e laboral e consta de tres fases: asesoramento, avaliación das competencias profesionais e acreditación e rexistro das competencias. 

Na sesión falamos das competencias clave, que son aquelas que permiten ás persoas adaptarse a unha contorna laboral cambiante. Comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento, entre osque atopamos: lingua galega, lingua castelá, lingua extranxeira, matemáticas, ciencias, tecnoloxía e dixital.

As competencias clave pódense demostrar de tres formas distintas:

               〰 Estando en posesión dalgunha das titulacións ou acreditacións oficiais.
               Superando as probas en competencias clave.
               〰 Realizando a formación específica en competencias clave.
 
Para rematar deixámosvos un resumo da estructura  da F.P es os Certificados de Profesionalidade
Fonte: Elaboración propia


Se tes interese neste tema podes obter máis información nos seguintes enlaces: 


  

E, como conclusión, un resumo dos chíos máis importantes en Twitter recompilados coa plataforma Wakelet e elaborado pola nosa compañeira María Negredo


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Resumo de Seminario web presencial: MÓDULO 3, TEMA 12.

Os itinerarios personalizados de inserción (IPI) Como tarefa presentamos o segundo resumo neste blogue, escollendo a temática da sesión do d...